Saltar navegación
Concello de A Teixeira
Fotografías do Concello de A Teixeira

Concello >> Novas

Actividades verán

18-07-2008

Actividades verán 2008

Dentro das actividades programadas para o mes de agosto destacan as actuacións de Rodesindo da Barrosa en teatro, Xoán Curiel música e malabares a cargo de Yuma "o malabarista"

Máis información en axenda.

Plan de dinamización turística

09-05-2008

cd plan dinamización

Dentro do Plan de Dinamización turística do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, acaba de editarse un cd ilustrativo dos concellos que conforman o Plan de Dinamización cunha visita guiada por eles para coñecer o máis representativo de cada un

Internet Rural

09-05-2008

Curso de mecanografía por ordenador

Dentro das actividades informáticas que se están a desenvolver pola Dinamizadora do telecentro está o curso de iniciación a mecanografía por ordenador onde os alumnos aprenden dunha maneira práctica e amena a localizar as letras no teclado.
Está previsto continuar con máis clases prácticas no telecentro da Teixeira, de internet ou calquera outro programa de interese que os usuarios demanden.

Mago José Rivera

09-05-2008

Mago José Rivera

Os pequenos do concello foron os que máis disfrutaron da actuación do Mago José Rivera que presentou o seu espectáculo de maxia "Ilusións 2.0" na nave do concello o pasado día 3 de maio.

O próximo 24 de maio celebrarase o espectáculo de títeres "Recicla Arte" a cargo do grupo Ni Fu Ni Fa e o 21 de xuño outra nova actuación do Mago Vituco "Ollos máxicos"

Recollída de residuos sólidos

27-03-2008

Recollida lixo

A partíres do 1 de abril de 2008 comezará a Deputación Provincial a prestar ó concello o servizo de recollida de lixo gracias a un convenio de colaboración asinado entre as dúas entidades locais a que tamén se une o concello limítrofe de Castro Caldelas.

Redacción do PXOM

27-03-2008

PXOMA Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte ven de conceder unha subvención de 78.520,32 € ó Concello da Teixeira para a nova redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Os traballos desenvolveranse desde o 2008 ata o 2012 e comezará este 2008 coa sinatura do contrato de redacción

Renovación das instalacións de iluminación pública exterior

27-03-2008

Aforro enerxéticoNos próximos días a adxudicación do contrato a favor da empresa Coruñesa de Aforro Enerxético fará posible que se leve a cabo o proxecto da renovación das instalacións de iluminación pública exterior no casco urbán e en Cristosende gracias a unha subvención da Consellería de Innovación e Industria.
O proxecto foi adxudicado polo importe total de 39.219,33 €. Ésto permitirá controlar informáticamente o consumo de enerxía eléctrica o que redundará nun aforro enerxético para o concello

Mellora do abastecemento

25-01-2008

logotipo deputación

O Concello en colaboración coa Deputación de Ourense vai acometer o proxecto de mellora do subministro de auga coa adquisición de dosificadores de cloro para os distintos abastecementos do concello. A obra será acometída pola empresa Espina Obras Hidráulicas cun orzamento de 14.230€.

Punto de información catastral

Panel informativo do PICO Concello pon a disposición dos usuarios un PIC (Punto de información catastral). A través do mesmo os interesados poden solicitar información sobre bens de natureza rústica e urbana.
Se o titular catastral está vivo e o solicitante non é o seu representante legal, debe autorizalo expresamente. Para elo debe aportar unha autorización asinada e fotocopia en vigor do DNI do titular.

Ligazóns recomendadas

Punto de información ás mulleres PIM

07-03-2007


O Concello pon á disposición de toda a población un Punto de Información ás Mulleres (P.I.M.).
O obxectivo deste recurso é informar e asesorar ás mulleres nos seus dereitos para acadar a igualdade no eido laboral, social e familiar.
O PIM nace co propósito de achegar os recursos á poboación e compleméntase co Centro de Información ás Mulleres (CIM) situado no concello de Castro Caldelas.
O PIM da Teixeira está situado no edificio do concello, e permanecerá aberto todos os mércores de 11.30 a 13.30 horas da mañá. A persoa de referencia é Mª Victoria Canosa. Horario PIM de A Teixeira:
de 11.30 a 13.30 da mañá todos os mércores.
Horario CIM en Castro Caldelas: de 9 da mañá a 14.30 da tarde todos os días.

Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008

Formato RSS 2.0
By Abertal
Concello de A Teixeira Tlfn: 988 207 400