Saltar navegación
Concello de A Teixeira
Fotografías do Concello de A Teixeira

Concello >> Novas

Rallie Ourense

11-06-2009

Rallie de Ourense

Como en anos anteriores Escudería Ourense organiza o próximo sábado día 20 de xuño un tramo cronometrado do rallie de Ourense que discorre polo Canón do Sil.
O primeiro tramo comeza as 16:35 horas e o segundo ás 20:03 con saída de Boazo e chegada a Parada do Sil.

Leader 2007-2013

29-05-2009

Leader 2007-2013

Dende o pasaso día 4 de maio, permanece aberta na localidade de San Xoán de Río, a oficina do Grupo de Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, responsable de xestionar as axudas económicas procedentes da Iniciativa Comunitaria Leader 2007-2013
Para máis información: Tlf: 988346169 ou nas propias oficinas

Ligazóns recomendadas

Fondo Estatal de Investimento Local

04-05-2009

Cartel do Dondo Estatal de Investimento Local

Xa se están executando as obras do Plan Estatal de Investimento local e que consisten en "Reposición de saneamentos e beirarrúas en Soutelo, Sobrado e Campaza" cun orzamento de 52.617,29 € e "Reposición de saneamentos en Quinta Grande e abastecemento en Cristosende" cun orzamento de 39.014,16 €

Anuncio do P.X.O.M

15-04-2009

P.X.O.M do Concello da TeixeiraUnha vez publicado o anuncio do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Teixeira no D.O.G, ábrese un período de información pública durante todo o mes de maio para todos aqueles que estén interesados.

Para calquera dúbida ou aclaración a empresa redactora do PXOM (Senén Prieto Ingeniería) estará a súa disposición nas oficinas do concello os días 5 e 7; 12 e 14; 19 e 28 de maio de 2009 en horario de 9 a 14 horas.

Recollída de residuos sólidos

27-03-2008

Recollida lixo

A partíres do 1 de abril de 2008 comezará a Deputación Provincial a prestar ó concello o servizo de recollida de lixo gracias a un convenio de colaboración asinado entre as dúas entidades locais a que tamén se une o concello limítrofe de Castro Caldelas.

Redacción do PXOM

27-03-2008

PXOMA Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte ven de conceder unha subvención de 78.520,32 € ó Concello da Teixeira para a nova redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Os traballos desenvolveranse desde o 2008 ata o 2012 e comezará este 2008 coa sinatura do contrato de redacción

Renovación das instalacións de iluminación pública exterior

27-03-2008

Aforro enerxéticoNos próximos días a adxudicación do contrato a favor da empresa Coruñesa de Aforro Enerxético fará posible que se leve a cabo o proxecto da renovación das instalacións de iluminación pública exterior no casco urbán e en Cristosende gracias a unha subvención da Consellería de Innovación e Industria.
O proxecto foi adxudicado polo importe total de 39.219,33 €. Ésto permitirá controlar informáticamente o consumo de enerxía eléctrica o que redundará nun aforro enerxético para o concello

Punto de información catastral

Panel informativo do PICO Concello pon a disposición dos usuarios un PIC (Punto de información catastral). A través do mesmo os interesados poden solicitar información sobre bens de natureza rústica e urbana.
Se o titular catastral está vivo e o solicitante non é o seu representante legal, debe autorizalo expresamente. Para elo debe aportar unha autorización asinada e fotocopia en vigor do DNI do titular.

Ligazóns recomendadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009

Formato RSS 2.0
By Abertal
Concello de A Teixeira Tlfn: 988 207 400