
Como noutras partes da Ribeira Sacra, houbo unha
tradición textil moi arraigada na
Teixeira, con tecelás en moitos pobos, entre eles, A Teixeira, Cristosende, Lumeares, Xirás, Montoedo e A Veiga. O oficio entrou en fase de plena decadencia na segunda parte do
século XX cando, coa emigración e despoboación dos pobos, e a afición para artículos de confección industrial, as mulleres abandonaron os seus teares.
Os artículos típicos realizados na Teixeira, incluíron
tea lisa de liño para roupa e sabas, os característicos sacos con bandas de cores, chamados localmente
"sacos roxos", e colchas ou cobertores. Estos cobertores foron realizados de cadros (chamado "de repaso", recoñecído no resto de Europa como "cinto de monxe") ou
"felpa galega" (tamén chamado "de gorullo" ou "erguido") o tecido de bucles, que é unha
técnica que ten
máis de 1500 anos de antiguedade.
¿Que queda da tradición rica textil na Teixeira?
En todos os pobos consérvanse os nomes dos liñares, onde se cultivaba o liño. Durante os meses de principios de verán pódese ver nalgúns
"liñares" ou en bordes de estradas, plantas de liño asilvestradas, coas súas preciosas frores azuis. Aínda hai veciños e veciñas da Teixeira que gardan algunha peza ou alguna ferramenta e moitos dos veciños e veciñas da Teixeira poden falar, como verdadeiros expertos, dos procesos de cultivar, preparar e fíar o liño e a lana. Tan común era o traballo de
fiar que na Ribeira Sacra existe un modelo de cesto de madeira chamado
"o cesto de fiar", algúns exemplos antigos en mans privadas.
Renaceuse a tradición textil na Teixeira fai pouco, na forma do novo
taller textil de
Anna Champeney. Nada en Inglaterra, herdou o seu oficio directamente de tecedoras galegas, das que aprendeu. Desde o seu pequeno e acolledor estudio, nunha adega restaurada en Cristosende, combina o
diseño textil contemporáneo coa
recuperación de técnicas e pezas antigas e a
investigación textil - para que non quede no olvido a tradición textil da Teixeira.