
Nos últimos anos a administración pública ven experimentando grandes transformacións como consecuencia dos retos que as novas demandas de servizos impón a cidadanía.
Neste senso na Administración Local estes cambios foron máis intensos debido non sómente a necesidade de adaptarse as circunstancias cambiantes do entorno e o novo marco económico e social senón tamén pola obriga de dar cumprida resposta as crecentes demandas dos cidadáns que ven na Administración Local o ámbito de decisión máis próximo para dar solución ós seus problemas e inquedanzas.
Hoxe en día atopámonos ante unha situación caracterizada por unha cidadanía cada vez máis esixente, cabe destacar que ó mesmo tempo que se tenta de dar satisfacción ás demandas de máis e mellores servizos públicos, se toma conciencia de que nos movemos nun entorno de constricción dos recursos financieiros dispoñibles polo que nos vemos obrigados a reinventar a forma de prestar estes servizos a fin de conter o gasto e sen que elo merme no número de servizos prestados nen afecte a eficacia no modo de facelo.
Para rematar animo a tódalas persoas que visiten a nosa páxina web, a que nos fagan chegar as súas inquedanzas, demandas, suxerencias e ideas para así entre todos resolver o doble reto da xestión municipal, atender satisfactoriamente as necesidades dos nosos veciños e prestar servizos de calidade.
Un saúdo.
Miguel A. Cid Álvarez.