Visita da Sra. Delegada de Presidencia

O día 11 de abril de 2006 tuvo lugar no salón de plenos da casa do concello unha visita da Sra. Delegada Provincial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Ourense co Sr. Alcalde e a Corporación onde se presentou e fixo unha breve alusión as competencias da Consellería que representa e os servizos que ésta ofrece as Administracións Locais.
Foi agasallada posteriormente con productos da zona e viño das nosas adegas.
Visita do Sr. Bispo ó Concello

O día 19 de novembro de 2005 o Sr.bispo da Diócese de Ourense, D. Luis Quinteiro fixo unha visita pastoral a varias parroquias do noso Concello, entre elas, estivo na de Lumeares, Boazo, Pedrafita, Cristosende e Sistín
Durante a súa estadía o Sr. bispo compartiu momentos de proximidade cos fregueses que, acompañados polo párroco, lle amosaron a ledicia por esta primeira visita ó noso municipio.