Saltar navegación
Concello de A Teixeira
Fotografías do Concello de A Teixeira

Turismo >> Sendeirismo

Unha ruta

vista xeral do pobo da TeixeiraExisten moitas posibilidades de facer rutas a pe polo concello sendo unha posibilidade saíndo da Teixeira despois de visitar a capela de Santa Catuxa, os restos da muralla e a casa nobiliaria baixar por Roxal e Bidueira, ver o val da Abeleda desde o mirador antes de descender a igrexa parroquial de Lumeares pasando por á Cruz (cruceiro do ano 1766) e o esmoleiro do Santo Anxo da Garda.

fervenza proxima a ponte de LumearesContinuar a dereita por Covas hasta o río onde veremos a ponte de Lumeares e unha fervenza. Proseguir por un sendeiro cara a Montoedo para admirar a igrexa do séclo XVIII e proseguir a subida hasta o cumio da Carosa.

Desde aquí baixar camiño de Xirás onde atopamos os fornos tradicionais e o mirador da Galeana sobre o río Sil. Proseguir a Cristosende para ver a súa igrexa barroca e o mirador de Cristosende. E xa para rematar a ruta dirixirnos a Teixeira.

By Abertal
Concello de A Teixeira Tlfn: 988 207 400